Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carral
Parroquia: Sumio (Santiago)
Lugar: Celas
Outra denominación do ben: Santiago de Sumeo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa atópase en pleno Val de Barcia, no lugar de Cela, parroquia de Sumio, na súa ladeira norte, dende a cal existen unhas fermosas vistas ó longo de todo o val, por onde discorre o antigo Camiño de Santiago (Ferreira Priegue).
Foi mandada construir polos señores de Vilasuso no ano 1776. Destaca o seu retablo barroco na sacristía. Ata mediados do século pasado as referencias á parroquia eran Santiago de Sumeo. Ten planta de cruz latina con presbiterio máis elevado que o resto da nave e sancristía acaroada no lado leste. Tellado a duas augas, agás no presbiterio e naves laterais que vai a tres. Na fachada, porta alintelada con remate en orelleiras e un van cadrado no centro. Remata no cume con espadana de dous ocos con arcos de medio punto para albergar as campás. Por enriba remata esta en frontón partido e no centro leva cruz.
A igrexa non se atopa inventariada no PXOM de Carral nin tampouco no Inventario do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia (http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/), nembargantes si o está o Cruceiro de Sumio.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: non
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Referencias ó topónimo San Pedro de Sumeo:
– La población de Galicia (1500-1945) según los documentos estadísticos y descriptivos de cada época. Javier Ruiz Almansa. Consejo Superior de Investigaciones Científicas,1948.
– La Parroquia rural en Galicia. Xosé Fariña Jamardo. Instituto de Estudios de Administración Local, 1975.
Referencias ó Vello Camiño de santiago:
– Los Caminos medievales de Galicia.Elisa María Ferreira Priegue.Museo Arqueolóxico Provincial, 1988
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1935453043Lonxitude: -8.3797493577
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
pablo fernández ans says:
Ago 23, 2024
Na igrexa de Sumio está enterrado D. Francisco Bermúdez de Sangro (San Vicente de Camouco, Redes. 30-12-1768 / A Coruña. 24-03-1818), un dos asinantes da primeira Constitución Española en Cádiz (“La Pepa”, 1812). Foi Capitán da real Armada Española e Deputado suplente nas Cortes Xerais i Extraordinarias (1810-1813) pola provincia de Betanzos.
Bibliografía:
– https://academia.gal/archive-boletins-web/paxinas.do?id=1687
– https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arag/es/consulta/registro.do?control=ADGD160463243
– LOS ALDAO, BERMÚDEZ DE ALDAO y BERMÚDEZ DE CASTRO, SEÑORES DE LA FORTALEZA DE GONDAR. Carlos de Odriozola y Rico-Avello. https://www.ramhg.es/images/stories/pdf/anales/09_2005-2006/03_odriozola.pdf