Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Cruceiro,
Concello: Carral
Parroquia: Sumio (Santiago)
Lugar: O Rubieiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Capela de San Pedro de Rubieiro atópase no Val de barcia, ó pé do Vello Camiño de Santiago, nun cornecho entre a estrada e un desnivel na vaguada do Rego de San Pedro cara ó rio Barcés. Abrangue un conxunto de fonte (rego de San Pedro), situada á beira da estrada de acceso, cruceiro e capela.
O entorno da capela tivo unhas obras de acondicionamento paisaxístico incorporando elementos alleos como barbacoa ou papeleiras de lixo; amáis dunha desafortunada intervención na fonte, chapada en pedra e con placa de inauguración.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003302
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

A capela ten dúas imaxes do San Pedro. A máis pequena, con chaves e báculo, en madeira de cronoloxía descoñecida tivo recentemente unha restauración da súa policromía (principios do século XXI), case que de “lifting”.


Tradición oral:

Etnográficamente son de interese as Festas e Romarías de San Pedro Pequeno, no inverno (22 febreiro) e o San Pedro Grande, no vrao (18-29 xuño). Existe a tradición de ofrecelo ramo ó santo, gardado durante o resto do ano, xunto coa imaxe do santo na casa do veciño que faga o ofrecemento. Despois da misa as imaxes dos dous santos San Pedro procesiónanse polo exterior, dando 3 voltas ó redor da capela e cruceiro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1850222581
Lonxitude: -8.38230550289
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84