Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Palas de Rei / Ulloa (comarca)
Parroquia: Remonde (San Miguel)
Lugar: Remonde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro está a unha altitude de 460 metros na marxe dereita do río Pambre. Aproveita un outeiro que se adentra cara ao sur e que é rodeado de leste a oeste pola súa canle. Amosa por esa banda grandes pendentes que lle confiren unha boa defensa natural. O recinto principal ten forma redondeada e acada unhas medidas aproximadas duns 100 metros de leste a oeste e uns 80 de norte a sur, as medidas incluirían a muralla. Ten unha entrada pola banda norte, que viría precedida por unha zona que conformaría un posible antecastro. Os traballos levados a cabo no proxecto arqueolóxico no ano 2015 e dirixidos polo arqueólogo Antón Malde analizaron unha zona que podería corresponder a un alxibe para a provisión de auga no extremo suroeste da croa. Tamén na banda sur os traballos de topografía apuntan a existencia de dúas plataformas. A que está pegada á croa sería a máis grande en forma de media lúa e cinguida por unha pequena defensa ou papapeto de leste a suroeste. A fundación Eira da Xoana (Adega) adquiriu os terreos deste castro para a súa posta en valor e conservación. A foto principal é de Angel L. Utrera, a imaxe secundaria é unha montaxe do traballo do proxecto arqueolóxico.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://castroderemonde.net/o-proxecto/
https://www.facebook.com/castroderemonde?fref=ts
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8627145434Lonxitude: -7.9495203495
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84