Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Arzúa (comarca) / Touro
Parroquia: Loxo (Santa María)
Lugar: Torreis de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O recinto fortificado do castro atópase a unha altitude de 394 metros e rodeado de fortes pendentes no alto do monte de San Sebastián, denominado así porque no seu extremo norte aínda se poden ver os restos de muros da capela que tiña a advocación deste santo. Ten forma ovalada e unhas medidas de 150 metros no eixo N-S e 60 no L-W. O espazo do castro está definido por un parapeto de terra e cachote que o circunda e unha terraza a modo de antecastro pola zona norte. Dende este lugar téñense unhas inmellorables vistas da contorna, que permitirían un gran dominio visual sobre o territorio. Ao oeste e despois do pequeno canón que fai o canle do Rego das Pucheiras podemos ver un recinto murado que cingue unha superficie ao norte dunha plataforma situada nun outeiro denominado A Cubela do Couto de San Sebastián que poderían ter relación con este castro e que configurarían ambos asentamentos un lugar de control sobre o río e as vías de comunicación desta zona. Podemos apreciar os dous recintos na imaxe lidar que acompaña á ficha.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15085005
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace web á ficha do castro no
PXOM de Touro do ano 2010
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TOURO/documents/27322CA002.PDF
pax 6 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

No recinto están instaladas torres de telecomunicación e unha estrada entra ata ao lugar central do recinto.


Onde está localizado

Latitude: 42.8631627946
Lonxitude: -8.35193753242
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84