Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: O pedregal de Esteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pedra con pías e petróglifos. Está situada á beira dun camiño antigo de subida ao cume do monte, a 650 m. doutra pedra que está no alto do pedregal e que se chama a Pedra do Cadro. Pode ser unha pedra de límite, ou marco de couto, pero a observación detida parece apuntar a que foi utilizada en épocas distintas para moitos usos, inclusos relixiosos. Evidentemente as cruces apuntan a unha cristianización dalgún culto anterior. Está rodeada de inmensos batolitos do Pedregal de Esteiro, que forman coa erosión figuras moi rechamantes e numerosas covas. No traballo que se expón no Anuario Brigantino podemos ler que nos poderiamos atopar ante un caso singular da litolotría galega, un altar prehistórico sen alterar nos seus elementos esenciais, nun lugar de paso cara unha montaña de connotacións míticas
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: Pedra das Pías
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/05/30/e-outra-santa-marina-mais-a-pedra-da-pia-de-esteiro/
http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/10/o-pedregal-de-esteiro/
http://anuariobrigantino.betanzos.net/AB2011PDF/2011%20041_056%20pedra%20da%20pia_LESTON_TORRADO.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está ao lado dunha pista forestal, pero non pasan moitos vehículos por ser un sitio de gran pendente e escarpado.
Onde está localizado
Latitude: 42.8032137674Lonxitude: -8.99308741093
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Esteiro. Pedra do Cadro | Roteiros galegos says:
Nov 5, 2011
[…] o ascenso polo camiño tradicional de subida atopámonos coa Pedra da Pía, moi chamativa pola súa forma e polas súas inscricións, que segundo algúns estudosos poderían […]
elixiovieites says:
Dec 7, 2013
Un traballo sobre A Pedra da Pía no Anuario Brigantino http://anuariobrigantino.betanzos.net/AB2011PDF/2011%20041_056%20pedra%20da%20pia_LESTON_TORRADO.pdf
elixiovieites says:
Ago 12, 2014
A Ruta á Pedra do Cadro, en Esteiro (Muros) que pasa pola Pedra da Pía
http://roteiros.gal/esteiro-pedra-do-cadro/
Atopado un posible e misterioso penedo ritual en Tal (Muros) | Historia de Galicia says:
Xan 11, 2021
[…] Tíñamos falado en HdGd do pedregal que se estende entre as parroquias da Abelleira (Santo Estevo) e Esteiro (Santa Mariña), no concello de Muros, e dos seus fitos arqueolóxicos e lendarios. O máis destacado, dende o punto de vista arqueolóxico, é sen ningunha dúbida a Pedra da Pía. […]