Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ames / Santiago (comarca)
Parroquia: Ortoño (San Xoán)
Lugar: Tarroeira
Outra denominación do ben: Casa vivenda dos primeiros anos de Rosalía de Castro.
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A casa de considerable tamaño e a dous andares ten planta cadrada duns 14 metros de lado. Os muros son de cachotería con zonas de grandes perpiaños regularizados e sillares de granito. Tellado a catro aguas e cuberta de tella do país. As ventanas enrasadas e distribuídas nos dous andares e en todas as caras da edificación non disminúen o seu aire austero. Esta casa foi o posible fogar de Rosalía de Castro nos seus primeiros anos e antes da súa estancia en padrón a idade de cinco, aínda que non se pode probar con exactitude en que lugares viviu Rosalía antes do outubro de 1842. Na tradición da familia paterna asegúrase que foi coidada nesta casa da parroquia de Ortoño polas tías María Josefa e Teresa Martínez Viojo, na casa onde nacera seu pai, lugar chamado Castro de Ortoño na aldea da Tarroeira por estar moi cerca do castro do mesmo nome. No 1923 e nunha xuntanza que tivo lugar nesta fundouse o Seminarios de Estudos Galegos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://rosaliadecastro.org/rosalia/biografia/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8551566965Lonxitude: -8.63915920258
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84