
Outra fotografía:
Tipo de ben: Calvario,
Concello: Cangas
Parroquia: Coiro (San Salvador)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Calvario do Adro de Coiro está situado no muro que limita éste co vello camposanto. Consta das tres cruces do Gólgota, pero tan só a central contén decoración figurada.
A cruz central ten o varal de sección redonda, apoiado directamente no chán, sen plataforma nin pedestal. O capitel ten un colarete moi pronunciado, e volutas xónicas no equino, mentres que no ábaco, no centro, aparecen cabezas de anxos aladas por tres caras, agás a frontal, coa caveira de Adán sobre tibias cruzadas. A cruz é de sección cadrada, e sobre ela aparece un Cristo, de talla expresiva, amósase morto, cos ollos pechados e a cabeza abeirada á súa dereita, e suxéitase á cruz con catro cravos, cos pés en paralelo. Sobre a súa cabeza suxéitase a cartela do INRI. No reverso da cruz, mirando cara a Igrexa, represéntase á Virxe, cuberta cun manto, de liñas sinuosas e esveltas, cos pés apoiados nunha cabeza de anxo alada, e as mans en actitude orante.
As outras dúas cruces amosan características máis sinxelas. Carecen de plataforma e de peada, co varal de sección circular sobre o chan. O capitel, con colarete marcado, ábaco troncopiramidal o da dereita, e redondo o da esquerda. As cruces, de sección cadrada, carecen de figuración nas dúas caras.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.28261427189106Lonxitude: -8.771614730358124
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
Oscar Franco says:
Set 15, 2014
O Calvario de Coiro na prensa escrita:
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/09/15/vecinos-coiro-alertados-desaparecer-tres/1094009.html
franjopadin says:
Set 19, 2014
O do Faro non é ese calvario. Hai un (o da ficha) diante da porta da Igrexa de Coiro, e hai outras tres cruces xunto a un valo por detrás da igrexa. Son estas tres cruces as que supostamente están a ser restauradas. O seu estado xa era lamentable hai dous anos, porque a unha delas faltáballe a cruz. E o ano pasado un varal estaba tirado no chan.
Xa son raros os calvarios (conxuntos de tres cruces) en Galicia, e resulta que Coiro ten dous. Ou tiña.
Oscar Franco says:
Xuñ 23, 2021
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/3600803.html
E a seguinte referencia bibliográfica:
COSTAS VILLAR, Inés. ESTUDIO ICONOGRÁFICO DE LOS CRUCEIROS DE CANGAS DO MORRAZO A PARTIR DEL CRUCEIRO DE HÍO. Traballo de Fin de Grao 2019. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/36/36008/TFG/TFG.pdf)