Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tomiño
Parroquia: Vilameán (San Bieito)
Lugar: A Silvosa
Outra denominación do ben: Capela da Silvosa
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O que aquí podemos ver son os restos dunha capela de época barroca, seguramente feita a finais do século XVI, principios do século XVII. Mandouna facer a familia de Suárez de Deza.
Construída a base de cadeirado granítico, os restos deixan ver unha planta rectangular e, posiblemente, teitume a dúas augas con cornixa.
Na súa fachada principal destaca unha porta con arco escarzano. No seu lintel un relevo cunha cruz decorada.
No interior se gardaba bastante imaxinería relixiosa. Dous dos santos están na igrexa de Vilameán (http://patrimoniogalego.net/index.php/48474/2013/08/igrexa-parroquial-de-san-bieito-de-vilamean/)

Esta igrexa de San Tomé, que debeu ter servizo relixioso durante 150 anos, era a primitiva igrexa da parroquia antes de que se fixese a de Vilameán.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/25109-galicia-confidencial-colabora-difusion-proteccion-patrimonio
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/25203-redescubrindo-dominios-pedro-madruga
http://www.infominho.com/index.php/id/50/objeto/26944


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Totalmente derruída e abandonada. No verano de 2015 a Comunidade de Montes limpou de maleza a zona.

No interior da igrexa existía unha pedra labrada coa seguinte inscrición:
“ESTA CAPILLA MANDO HACER ….. AÑO 1640”
Dita pedra foi roubada recentemente.


Onde está localizado

Latitude: 42.0183018096
Lonxitude: -8.73723953962
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84