Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Ames / Santiago (comarca)
Parroquia: Ortoño (San Xoán)
Lugar: As Punxeiras Baixas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O recinto componse dun lavadoiro e unha fonte de manancial entre uns muros de contención gorecidos con estrutura de madeira sobre tres columnas de pedra e tres cepas de perpiaño que arrancan do remate da parede. O lavadoiro de forma rectangular está provisto de follas de pedra para o lavado da roupa en dous dos seus lados, sendo o que está contra o corredor de pedra que dá á fonte o máis amplo. A auga do manancial abrolla preto do muro e tense acceso a ela por un van rematado en arco feito nunha laxe de pedra de grandes dimensión que parece reaproveitada de outra construción, como podería ser un forno. A forma da pedra ten provocado a súa comparación cunha pedra fermosa dado a escasa distancia desta fonte ao Castro de Ortoño no lugar da Tarroeira, a 500 metros ao norte e na marxe esquerda do río Sar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://historiadeortono.blogspot.com.es/2010/03/posible-pedra-formosa-da-punxeira.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.851428552
Lonxitude: -8.64196479321
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84