Marco II do Couto de Lampai de Sancho Eanes
Catalogouno elixiovieites o Out 16, 2011 • 11:53 a.m. •

Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Padrón
Parroquia: Cruces (Santa María)
Lugar: Queiruga
Outra denominación do ben: Marco do Couto de Lampai
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Marco do Couto que o rei Afonso VII donou no ano 1156 ao plebeo Sancho Eanes cerca das terras de Iria Flavia. Hoxe está nun inestable outeiro artificial que quedou despois da explotación dunha canteira. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis poboadas do Reino de Galicia. No ano 2002 foi cando se localizou este fito durante a procura dun camiño medieval. Atopáronse despois dous marcos máis dos outros tres restantes. Esta pedra ten aproximadamente 1´80 m. de altura e 60 cm de ancho por cada unha das caras. Xunto coas outras dúas aparecidas ten a inscrición : ”No ano 1156, o primeiro de Setembro, colocouse este pedrón coa autoridade do Emperador e de tódolos intervinientes”
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=513
Outro marco do mesmo couto en: http://www.panoramio.com/photo/33796852?source=wapi&referrer=kh.google.com
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/06/07/padron-chafalladas-e-manifestacions/
http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2001PDF/2001%20103_116.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A canteira deixouno case ao borde da desaparición se as obras proseguiran. Ten unha fenda que o percorre case totalmente de arriba abaixo que o fará romper co paso do tempo. O outeiro no que se apousenta é de material inestable debido ao baleiro que o rodea
Onde está localizado
Latitude: 42.7778775846Lonxitude: -8.64049494267
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






8 comentarios
Xandlinathry says:
Out 24, 2011
Saudos!!! Coñezo outro similar perto dun lugar en Teo chamado o Mosteiro que ten unha igrexa románica. Hai fotos de él en Panoramio. Son moi curiosos. Noraboa!!!
elixiovieites says:
Out 24, 2011
Grazas, a ver logo se o podes poñer. Un saúdo
Alex says:
Dec 25, 2011
Saudos. Non saberedes onde se atopa a terceira pedra, verdade? E a esta pódese acceder ben ou hai moita maleza?
elixio says:
Dec 26, 2011
Alex, a esta chégase fácil,(segue a posición no mapa, o malo e que tes que gabear para chegar xunto del, e podes esvarar polo terraplén mentras sobes cara e el, non hai moito toxo. Este outro:
http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/11/marco-do-couto-de-lampai-marco-1/ tamén se pode ver.
Para 3º e 4º le o artigo : http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=513
a ver se quitas algunha pista, do terceiro di “…. O outro estremo estaba máis alá, no medio dun campo, ben clara”.O cuarto acababa de aparecer cando se escrebeu o artigo (26-o6-2002).
Alex says:
Xan 1, 2012
Puiden ver este día o da antiga canteira, e o do río xa o coñecía. O terceiro aínda nada. Supoño que haberá que meterse por onde o campo de fútbol e buscalo por alí, porque despois dende a carretera xa non había ningún camiño de monte máis. Pero cómo se poden ter estas cousas de esta maneira?? E incrible!!! A quen se lle conte…. Case era mellor que as sacaran do sitio e as levaran para algún museo, porque para telas así…
Estevo says:
Xan 28, 2012
Artigo sobre o Couto de Lampai na Galipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/Couto_de_Lampai
Alex says:
Xan 28, 2012
Si, o 1 e 2 son bastante doados de atopar, o problema e o terceiro. Cando pasei pola zoa, algún veciño que lle preguntei tampouco sabía explicar ben como atopalo. A ver se unha tarde pronto podo voltar a buscalo cun gps
elixiovieites says:
Out 14, 2012
Video de cando cumprimos os 2000 Bens catalogados
http://www.vtelevision.es/informativosv/2012/10/07/0031_26_154733.htm