
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Cespón (San Vicenzo)
Lugar: O Coveliño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de Capela que nace sobre dous chanzos cadrados. O seu groso varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, dá paso a un pequeno capitel tronco-piramidal invertido decorado con caras de anxos con ás. A capela posúe tellado a catro augas. No seu interior podemos ver a imaxe pétrea da Virxe de Loreto.
O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas, na que aparece a imaxe de Cristo crucificado.
Este cruceiro aparece debuxado por Castelao no seu libro “As Cruces de pedra na Galiza”
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Existe unha tradición asociada a este cruceiro que conta como a veciñanza vira a Virxe cara ao punto cardinal, segundo precisen que sopre o vento.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.boiro.org/boiro/ShowService.do?serviceId=42&fields=NCI1W3&startIndex=16
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=17096&ctre=55
http://culturagalega.gal/roteiros/detalleextra.php?id=8&cod_rtro=18&cod_obx=264
https://www.arousanorte.es/www/Otros%20Elementos%20Patrimoniales%20Boiro.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6627125029Lonxitude: -8.85560274124
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):




(Aínda sen valorar)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
adela suma says:
Nov 10, 2015
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1995-25952
adela suma says:
Nov 11, 2015
Boiro ten un PXOM (2003) afectado pola sentenza 1124/2007 non firme do TSXG 27/12/2007;
no seu catálogo non aparece este cruceiro, mais recolle outro “de capela” en Coveliño, Cespón (páxina 8):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA003.PDF