Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Santiago (comarca) / Vedra
Parroquia: A Ponte Ulla (Santa María Madalena)
Lugar: Gundián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cerca deste lugar houbo un mosteiro no século IX adicado a San Xoán Bautista no lugar de San Xoán da Cova na marxe dereita do río Ulla, hoxe desaparecido. Era un lugar encaixado entre un estreito paso do río entre os montes de Caldelas e o monte do Castro. Algunhas informacións apuntan a súa desaparición debido aos ataques dos viquingos, pero probablemente fora debido ás riadas que se orixinaron en Galicia ao redor de 1571 como consecuencias da intensas choivas. Os monxes, durante a vida activa do mosteiro, construíron na beira oposta do río unha ermida adicada á Virxe de Gundián, á que se accedía por unha ponte feita con vigas de madeira, no lugar no que hoxe se atopa a Ponte de Gundián feita para o ferrocarril e rematada no ano 1956. Debido as división eclesiásticas a provincia da Coruña e o concello de Vedra intérnanse hoxe cos seus límites por este lugar na marxe esquerda do río Ulla, parte que debería pertencer ao concello da Estrada e a provincia de Pontevedra.
A capela que vemos hoxe foi construída no século XVIII e consta dunha soa nave rectangular con teito a dúas augas con cuberta de tella do país. Paredes de mampostería e perpiaño cuadrangular para esquinais e os marcos dos vans. Leva un pequeno pórtico na entrada con entramado de madeira a tres augas e apoiado en catro columnas que apousentan sobre un pequeno muro de pedra. Na fachada, porta alintelada con perpiaño cadrado e rematada por enriba en arco rebaixado, esta é flanqueada por dous grandes vans que conforman uns arcos de medio punto. No cume, espadana que arranca de base cadrada con cornixa saínte e que conforma dous ocos con arco de medio punto para as campás, acaba na parte superior en gablete e flanqueada por pináculos piramidais. No lateral norte á altura do presbiterio hai unha fonte dun só cano a carón do chan e á que se accede por unhas pequenas escaleiras de pedra. Imbuída no muro hai unha fornela coa figura da Virxe cun neno nos brazos. Á auga desta fonte acoden os romeiros pois atribuenlle poderes curativos, sobre todo para os nenos, que antigamente eran bañados nas súas augas.Tamén a poucos metros da entrad,a e no terreo do adro, hai outra fonte con baixada por escaleiras de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Na capela xúntanse moitas lendas que proveñen da contorna do antigo mosteiro e do castro que existe no cume do monte onde se atopa a capela. Unha lenda di que a propia Virxe de Gundián escapou do pozo de San Xoán da Cova, lugar onde había soterrado unha grade de ouro que leva pendurado unha campá e que toca na medianoite do día de San Xoán, unha galiña cunha ducia de polos de ouro, unha vella que se peitea cun peite de ouro os cabelos e unha dama de pel branca que de vez en cando sae a poñerse á sombra dos loureiros.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/257/1/125-136_A%20ESTRADA%206-Fernandez%20Casal,%20Juan.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VEDRA/documents/26071ca017.PDF
pax. 4
http://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=15&id=1723


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7817794654
Lonxitude: -8.39277148247
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84