Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Cespón (San Vicenzo)
Lugar: Reboredo
Outra denominación do ben: Cruceiro de Pazos
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Este cruceiro, situado enriba dunha estructura feita con cachotería, nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cúbica posúe unha inscrición nunha das arestas achafranadas que di o seguinte: “AÑO D 1915”
O varal de sección cilíndrica remata nun capitel moldurado.
O conxunto coróase cunha cruz cos brazos potentados na que podemos ver a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe cun grande manto no reverso.

O cruceiro acompáñase nun lateral cunha base coas arestas rebaixadas e unha pequena cruz feita en ferro. A base posúe varias inscricións pouco lexible pola erosion.

O conxunto foi restaurado recentemente.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

O cruceiro “mandárao facer a devota Ramona Ryvas Muñiz e os seus fillos. Pero a outra cruz nada ten que ver coas intencións de dona Ramona, pois é testemuño dun suicidio acontecido cabo del no ano 1923”. (ver referencia web para máis información)


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/150110502.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/boiro/2024/09/28/morte-cruceiro-pazos/0003_202409B28E2991.htm

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
TORRADO CESPÓN, Milagros. (2010). Historias recollidas nalgúns cruceiros do concello de Boiro (A Coruña). Actas do IIº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Editor: E F. de la Cigoña.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 cruceiros, fervenzas, miradores e outras vistas do Barbanza (Boiro). (En liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/15/15011/BOIRO.pdf).

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6685349633
Lonxitude: -8.85574758053
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84