
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Campo de Cortes
Outra denominación do ben: Capela de San Marcos
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Trátase dunha pequena capela de forma rectangular levantada en 1480 por Lourenzo Esteves ás aforas da Vila no antigo camiño de Muros a Louro. Na cabeceira atópase a capela maior á que se accede a traves dun arco triunfal e que se cubre con bóveda de canón apuntado.
Nun lateral da capela principal podemos observar as iniciais S.R., no lintel da porta atopamos unha inscrición que parece dicer: Esta obra mandou fazer Lourenço Esteves 1480.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Conserva no seu interior: diferentes labras da fábrica orixinal pois na década dos 90 foi sometida a unha restauración, entre elas chama á atención a cara labrada na bóveda, ou outra enriba da seteira cun canzorro enriba do arco ou unha forma moi curiosa do lado da porta de entrada que parece ser un home sentado sostendo a cabeza co puño dereito.
Tradición oral:
A esta capela era a onde acudían as mulleres da Vila a realizar o antigo rito de virar a tella para implorar ventos favorables no mar.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA011.pdf
pax 9
Historia de Muros y su distrito . 2ª edic. Ramón de Artaza Malvárez
Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son
José Ramón Soraluce Blond Xose Fernández Fernández
Arquitectura gótica en Galicia: los templos, catálogo gráfico .- ETSA de la Coruña
Nueva galería de Piedras Ilustres de Barbanza .García Bayón,Carlos
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Atópase en moi bo estado. Na década dos 90 sufriu unha restauracion tras a caida do teito da nave,foi substituido o caído que era de madeira a duas aguas por un de formigon.
Na actualidade conta cunha romaría.
Onde está localizado
Latitude: 42.7667218103Lonxitude: -9.06063079834
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84