Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular, dunha soa nave, feita a base de perpiaño granítico labrado. Posúe cuberta a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro, con adornos de pináculos nos extremos. Na fachada principal destaca a porta de acceso con arco rebaixado e enriba dela unha fornela coa imaxe do patrón. Tamén se pode ver unha pequena fiestra cadrada. O conxunto remata nunha torre campanario de dous corpos, o primeiro con ocos aos catro lados, e a parte superior aparece pechada con cemento e un reloxo nas catro caras.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Nuns traballos de recuperación do retablo maior, de época neoclásica, atopáronse uns murais pictóricos datados no século XVIII ou comezos do XIX.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA001.PDF (Páxina 4)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA004.PDF (Páxina 3)
http://www.farodevigo.es/comarcas/2009/05/04/hallan-murales-pictoricos-detras-retablo-san-cibran-ribarteme-as-neves/322804.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1070164513
Lonxitude: -8.38577091694
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84