Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: Esteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Afloramento de granito de máis de 700 hectáreas que se alza próximo á costa e que amosa a súa cara máis rexa dende a enseada de Esteiro e polo val da aldea de Silvosa. De natureza parecida ao macizo do Pindo, formaríase na fase posterior da oroxénese herciniana da era primaria, (hai 350 millóns de anos). Está formado por granito de granodioritas vermellas de grandes cristais e facilmente erosionable. Cheo de espazos, a modo de pequenas covas entre os batolitos e de lugares enigmáticos como a Pedra da Pía, inmensa rocha cunha gran pía a xeito de trono, petróglifos, marcas de termo e cruces de cristianización. Outros de grande tradición como A pedra do Cadro, cunha cavidade entre penedos preto dela, que ten na súa entrada unha pedra cunha cruz gravada e tres coviñas. A Pedra do Cadro representa, cos seus de 331 m. de altitude sobre o mar, unha inmellorable atalaia sobre a ría de Noia-Muros. O Bico do Castelo Grande, fortaleza ou castelo medieval de vixilancia, que se pode acceder pola calzada de A Laxe, ou por Arestiño. Sinalar tamén o Pedregal do Pando e A Pedra das Cruces, xunto o Campo da Ermida (da que só quedan os restos) na zona da Abelleira, máis concretamente no val do río Rateira; A Braña, A Fonte de Pedro e A pedra dos Cabalos, chamada así pois servía de refuxio polo seu tamaño e o abrigo que facía. Hai unha aldea abandonada, Marselle, con entrada por corredoira con carballos e que tiña unha agra nun pequeno val, rodeado de montañas penedías, e que hoxe estase a converter en selva. Pero a todo isto hai que engadir as formas caprichosas que creou a erosión nas grandes pedras e que sorprenden por calquera sitio que se queira camiñar. Só hai unha ruta aberta, a da Pedra do Cadro, que acaba no curuto da mesma pedra. O demais é toxo bravo case inaccesible que nos priva de descubrir máis sitios, non sendo os que quedan cerca dos camiños e pistas que arrancan cerca das aldeas da Silvosa, Riomao, Riomaior, Rateira, Solleiros e Terelle.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/07/o-castelo-de-esteiro-2/
http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/05/pedra-das-pias/
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/05/30/e-outra-santa-marina-mais-a-pedra-da-pia-de-esteiro/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA007.pdf
(pax 5,6,7 e 8 )


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8112069202
Lonxitude: -8.99531364441
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84