
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vila romana,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: San Vicente de Castillón (San Vicente)
Lugar: San Vicente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
O que aquí podemos ver está considerado como un dos asentamentos galaico-romanos máis importantes de Galicia. No lugar localizáronse grandes cantidades de restos arqueolóxicos datados entre os séculos I e IV d.X.
Os restos fálannos da existencia dunha vila viaria de época romana, dunha vía secundaria que unía Montefurado e o Courel coa vía Lucus-Bracara. (Algúns investigadores relaciónanno con Dactonio, a capital dos Lemavos, citado por Hidacio e polas Táboas de Barro de Astorga); apareceron restos da dominación romana, como columnas, un miliario anepígrafo, cerámica, pezas metálicas (unha delas formaría parte dun cinto romano), moedas (unha delas acuñada en Zaragoza), mosaicos, muíños circulares de man, cornixas, trísqueles, unha cabeza humana feita en granito, aras votivas e lápidas funerarias. Unha destas lápidas posúe a seguinte inscrición: “ A los dioses manes de Valeria Florina, de ventitrés años, esposa muy piadosa de Pompeyo Lúpulo”.
Boa parte destes achádegos atópanse no Museo provincial de Lugo, mentres que o resto están depositados no patio dunha vivenda próxima ao asentamento.
Tamén apareceron partes dun hipocausto, restos de viviendas moi deterioradas, e unha pía labrada na rocha dun diámetro de 1,20 metros e uns 80 centímetros de profundidade.
Máis tarde este lugar foi destinado a enterramentos, ata o século VI. Así o proban os restos atopados dunha necrópole, con tumbas construídas con laxas de xisto, e onde unha delas conservaba unha pedra cunha cruz incisa gravada que corresponde a unha época máis tardía, seguramente do paleocristianismo.
As primeiras noticias sobre este xacemento datan do século XVI co achado dunha placa funeraria na igrexa de San Vicente. Máis tarde, no ano 1912, o cura da próxima parroquia de Vilar de Ortelle descubriu unha necrópole ao ampliar o cemiterio da igrexa de Santiago. Xa no ano 1929, o lugar foi dado a coñecer por don Ramón Castro López, cura de Vilar de Ortelle, e escavado por Chamoso Lamas e Alonso del Real nos anos trinta e por Felipe Arias nos oitenta do século pasado.
Pero a sorpresa xurdiu cando, entre os anos 1982 e 1983, o propietario dunha das fincas que lindaban coa igrexa de San Vicente de Castillón comezou a realizar labores agrícolas. Nese momento comezaron a saír á luz restos de estruturas e todo tipo de materiais de gran valor arqueolóxico.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
A tradición conta que as igrexas de Santiago e San Vicente de Castillón foron construídas con pedra que procedía deste asentamento.
http://patrimoniogalego.net/index.php/65416/2014/11/igrexa-de-san-vicente-de-castillon/
http://patrimoniogalego.net/index.php/63470/2014/08/igrexa-de-santiago-de-castillon/
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.concellodepanton.es/restos-romanos/4540956666
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/o-xacemento-romano-de-castillon-panton.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-provincia.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/apendices.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/panton/2015/04/11/tres-posibles-solares-castro-dactonio-unidos-abandono/0003_201504M11C3991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/07/08/0003_6969163.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/panton/2021/05/15/villa-romana-castillon-cuatro-decadas-espera-excavaciones/0003_202105M15C4991.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A pesares de tratarse dun dos sitios arqueolóxicos máis interesantes de Galicia, atópase nun estado de total de abandono.
Onde está localizado
Latitude: 42.5372240363Lonxitude: -7.62774646282
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
adela suma says:
Nov 2, 2015
Coma información complementaria, engado o enlace ao Inventario de patrimonio Cultural das Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento de Lugo, que contén este ben (páxina 6520):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA005.PDF
adela suma says:
Nov 2, 2015
Tamén comentar que o concello de Pantón carece de PXOM ou Norma de seu:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/inventario.php?token=3fda410617a70a144b9c0e21c8baf6d8&lang=gl_ES&idconcello=36012#result_pl_xral
e que o contrato da redacción do citado plan, adxudicada a Iago Seara, foi rescindido por incompatibilidades:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2015/01/21/contrato-pxom-panton-anulado-incompatibilidad/0003_201501M21C3991.htm