Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Ribadetea (San Xurxo)
Lugar: A Croa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro situado na ribeira dunha curva do Río Tea. A croa do castro ten forma redondeada cun diámetro próximo aos 100 metros. O acceso faise por medio dunha costa pola aba Sur que, posiblemente, sexa a orixinal. Pola aba norte hai rebaixes dos parapetos feitos na pedra, polo que seguramente o poboado tería outra saída cara o río, a día de hoxe moi deteriorada e cuberta pola vexetación.
Este asentamento destaca polo seu sistema defensivo xa que aínda é posible ver a súa sucesión de parapetos e foxos. Algúns autores consideran a posibilidade de que estes foxos, que chegan ata uns 300 metros do outeiro fortificado, formaran parte dunha posible zona de explotación de recursos mineiros polo esaxerado do seu tamaño (algúns chegan a ter 125 metros de ancho por 20 metros de alto). Na parte noroeste do poboado pódense contar ata 13 parapetos sucedidos, aínda que algúns se atopen deteriorados polas pistas forestais e repoboamentos. No extremo sur este distínguense 12 contando un deles con máis de 90 metros de lonxitude, mentres que outros non pasan dos 15 metros. Pero os máis impresionantes atópanse na cara sur, onde podemos ver unha serie de parapetos e foxos esaxerados contando un deles con 125 metros de lonxitude e chegando na súa cima a anchuras de 20 metros.
A uns 50 metros deste castro atópase a mina aurífera da Croa, a cal estaría vinculada coa actividade do poboado.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36042090
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://drive.google.com/file/d/0B8ACfkgfAFaDOHZPcklJSXliSVk/view?pli=1
http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es/2012/01/cultura-castrexa-o-castro-da-croa.html
http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es/2013/09/sos-castro-da-croa-os-demos-voltaron.html
http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es/2013/09/conseguimos-paralizar-novos-desterres.html
http://www.comarcasnarede.com/index.php/o-condado/ponteareas/item/2522-patrimonio-abre-expediente-sancionador-ao-concello-de-ponteareas-polas-afeccions-ao-castro-da-croa
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Nos últimos anos o lugar sufríu varios traballos como desmontes e a construción de pistas forestais danando seriamente algúns parapetos.
Todos estes danos, denunciados polo grupo ecoloxista ADENCO, deron lugar a de dous expedientes sancionadores (Concello de Ponteareas e á Comunidade de Montes de Ribadetea) por delito contra o patrimonio cultural neste xacemento. (Xaneiro de 2016).
Onde está localizado
Latitude: 42.2067479803Lonxitude: -8.51951926946
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
elixiovieites says:
Nov 6, 2015
O mapa de pendentes da zona do castro da Croa de Ribadetea. Esquina superior esquerda da imaxe
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0224A-0107.pdf
Dami says:
Xan 18, 2016
A ficha de catalogación do castro da Croa no PXOM indica o seguinte:
“Espectacular xacemento, non tanto polo seu recinto habitacional senon pola complexísima sucesión de parapetos e foxos. Planteamos a posibilidade de que a obra efectuada no se corresponda únicamente cun sistema defensivo, senón que ademais poda estar acompañada dunha posible zona de explotación de recursos, mina aurífera.
O conxunto de anomalías detectadas na superficie ten unha dimensión de 550 metros no eixo N-S e 250 metros no eixo E-W. O recinto do castro se sitúa á beira do río Tea de xeito que o único parapeto que posúe ó norte cae directamente sobre o curso fluvial. Ten forma redondeada con eixo máximos de 100 metros, N-S e 80 m. E-W. Presenta un terraplén contínuo en todo o perímetro, menos desenvolvido polo sur. Por esta zona conta con foxo e a partir de aí comeza a sucesión de parapetos. Estes enchen por completo o cuadrante oeste-sueste, nunha disposición obícua e paralela a un eixe central que chega ata o castro nunha aliñación SW-NE. Ó noroeste dese eixe pódense contar ata 13, algúns cortados en parte nas inmediación da pista forestal. Ó sueste temos ata 12, entre os mais longos (90 metros) e os mais curtos (15 metros). No extremo sur deste primeiro conxunto algúns dos foxos e parapetos, alcanzan dimensións esaxeradas e morfolóxicamente anómalos, como un deles cunha lonxitude de 125 metros e unha anchura no cimo de 20 metros. Son estas formación as que recordan mais a restos de minería que a parapetos defensivos. Dende este punto ata uns 100 metros ó sur
desparece calquera sinal de obra e a partir de aquí volven a aparecer unha sucesión de tres foxos e catro parapetos, perpendiculares ó rio”.
Oscar Franco says:
Xuñ 12, 2016
As denuncias levadas a cabo polo grupo ecoloxista ADENCO deron resultado. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural impuxo ao Concello de Ponteareas unha multa de 6.000 euros polas actuacións realizadas para a construción dunha senda fluvial que danou o Castro da Croa e que non contaban coa preceptiva autorización.
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/29813-xunta-multa-6000-euros-ponteareas-danar-castro-croa
elixiovieites says:
Xuñ 12, 2016
Sobre a historia da agresión ao Castro da Croa (Ribadetea,Ponteareas) no blog http://omeigodotea.blogspot.com.es/2016/06/por-fin-o-drama-do-castro-da-croa-ten.html