Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Monfero
Parroquia: San Fiz de Monfero
Lugar: San Fiz de Monfero
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

As súas orixes remóntanse cando menos ao século X, cando se fundou un cenobio ao pe dunha ermida adicada a San Marcos. Este cenobio favorecido polo rei Bermudo II sufriu o ataque dos normandos, sendo reconstruído a iniciativa de Afonso VII no ano 1134 en colaboración con nobres como Afonso Bermúdez ou o Conde Pedro Osorio que lle fixeron doazóns e lle concederon privilexios.
A comunidade naquel entón acollíase a regra de San Bieito xa que a comunidade conformárase con monxes desa orde procedentes do Mosteiro de Santa María de Valverde do Bierzo.
No 1147 acóllese a reforma cisterciense a través do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, vivindo anos de esplendor económico e cultural.
A finais da idade media, coa reforma dos Reis Católicos anexiónase á Congregación de Castela, da que dependeu ata a exclaustración de 1835.
A mediados do século XVI a comunidade monástica iniciou obras de renovación que continuarían ata a seguinte centuria, obras caracterizadas polo seu estilo clásico. No ano 1620 encárgase das obras Simón de Monasterio. A partir de entón imponse o estilo barroco. Derrúbase a vella igrexa a morte de Simón de Monasterio, ao que se lle atribúe as trazas da planta e o alzado, no ano 1624, e fai que outros mestres de obra teñan que seguir co seu proxecto.
As obras continuaron e no ano 1639 xa estaba rematado o ciborio e no ano 1645 traballábase na fachada. No ano 1655 consagrouse o templo. A capela da Virxe da Cela remátase cara o ano 1666, obra a que lle seguirán outras como a sancristía, coñecida como Chirola.
A igrexa é un enorme templo barroco construido entre o 1622 e 1656, reemplazando ó románico do século XII. A súas dimensións son máis que considerables, tendo unha lonxitude de máis de sesenta metros.
A súa planta é de cruz latina, con cruceiro e cabeceira rectangular, os abovedamentos baséanse no medio canón con casetóns, que se apoian en pilastras de capiteis compostos.
No exterior, o que chama especialmente a atención é a chamativa fachada principal, que nos amosa unhas liñas sinxelas moi peculiares e o mesmo tempo un colosalismo no seus elementos. Todo iso conséguese mediante a disposición completamente plana do muro, por contra do que acontece en moitos templos barrocos onde se alternan tramos cóncavos e convexos pra outorgar maior dinamismo e xogos de claroscuros.
O carácter ascensional e colosal da fachada conséguese mediante catro enormes columnas e dúas pilastras rematadas con capiteis corintios de orden composto, que combina unha estrutura clásica co dinamismo barroco. O xogo de luces e animación da fachada acádase mediante a orixinal combinación do axedrezado dos perpiaños, alternando granito con xisto, que contrastan polas súas distintas cores. Tan só se chegou a construir unha das dúas torres que estaban proxectadas.
No interior da igrexa (altar maior e cruceiro) hai unha serie de sepulcros monumentais góticos de gran expresividade, pertencentes a distintos membros da familia Andrade, Nuno Freire de Andrade, Fernán Pérez de Andrade e Diego de Andrade, sendo os de máis calidade os de Nuno e o seu fillo Pedro. Neles, as estatuas xacentes dos persoeiros aparecen vestidas como cabaleiros medievais armados, acompañados de anxos e cans, símbolo de fidelidade. Nos costados destos sepulcros e baixo arquería corrida de arcos apuntados sobre columnas aparece repetido o escudo nobiliario da familia.
O edificio monacal conta con tres claustros, o renacentista Claustro da Hospedería (con restos románicos), o Claustro procesional, tamén renacentista e abovedado cunha fonte barroca, e o Claustro dormitorio de estilo barroco, o de maior extensión, estábase reformando cando foi ocupado polas tropas napoleónicas durante a Guerra de Independencia.
Contemplando o mosteiro obsérvase o tránsito harmónico desde un clasicismo herreriano a un barroquismo interpretado cunha aberta naturalidade. Dende o ano 1931 está considerado Monumento Nacional.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– LOPEZ SANGIL, J.L.: “Historia del monasterio de Santa María de Monfero”, Deputación da Coruña, 1999.
– Monasterios de España, arteguias.com.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Salvo a igrexa e despois de ser cedido polo arzobispado á Xunta de Galicia no 2003, por 50 anos prorrogables (Decreto 234/2007, do 22 de novembro. Diario Oficial de Galicia, 14 de Decembro 2007, núm. 241)
Grado de protección: Monumento Histórico-Artístico (Decreto de 3 de xuño de 1931, Gaceta de Madrid) Delimitado o seu entorno por Decreto 50/1999, do 18 de febreiro. (DOG 3 de Marzo 1999,núm. 42)
O seu estado é de degradación continua, hai zonas semi destruídas polo abandono e pola invasión da vexetación. A igrexa foi a única que tivo algunha restauración.


Onde está localizado

Latitude: 43.3406996832
Lonxitude: -8.03700327873
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84