Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Vimianzo (San Vicenzo)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Catalogado como castro, A Pena divide as parroquias de Vimianzo e Calo. Trátase dunha fortificación que se encadra entre dúas formacións rochosas graníticas a 275 metros de altura. É o punto máis alto do monte, desde o cal se domina a entrada ao Val de Vimianzo desde o mar de Traba, por un lado, e o Camiño Real de Vimianzo ao Porto de Cereixo, polo outro. O Atlántico enxérgase bordeando o noroeste. Vese a vila de Camariñas, e o mar tralos penedos da Serra da Pena Forcada. A poucos metros da Pena sitúase o Campo da Areosa, lugar que noutro tempo tivo cultivos e prados e de onde se extraía barro e area. Cara ao norte, desde este campo vai un vello camiño a Calo e un pequeno curso de auga que desemboca no río do Porto en Castrobuxán.
Neste marco localízase A Pena, de forma elíptica, de norte a sur (225m), mentres que o eixo oeste-leste ten uns 150m. Entre pena e pena rochosa na cimeira presenta unha zona máis chan, a posible croa.
As defensas preséntanse de forma máis evidente no leste, con tres parapetos de terra e cachotes e dous foxos que dificultan a entrada polo seu lado máis suave, o monte que se vai estendendo cara ao Val de Vimianzo. Porén, no seu lado oeste presenta unha caída moi pronunciada, cara ao camiño da Areosa a Calo, que sería aproveitada para mellorar a súa defensa.
Para separar as diferentes propiedades levantáronse moitos valados con pedras seguramente reaproveitadas da fortificación. De feito, un dos valados do lado oeste coincide perfectamente co trazado da muralla.
Fotogrametría:
Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Cóntase que neste lugar se practicaban diferentes ritos de curación de persoas e animais.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1263730985Lonxitude: -9.0508890152
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Nov 8, 2015
Coma información complementaia engado o enlace ao catálogo das
Normas Subsidiarias (1994) que contén este ben:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIMIANZO/documents/0404CA003.PDF
pax. 2, en apartado castrexo é o nº 21, vén sen nome.
No plano seguinte 62-12 do planeamento de Vimianzo
podemos ver o topónimo nesta punto como
“A Pena” PHA (Protección Histórico Artístico) 21
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIMIANZO/documents/0404PB004.JPG