Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Guimarei (San Xiao)
Lugar: A Torre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Torre dunha antiga fortaleza datada arredor do século XII a carón das ruínas do pazo barroco do século XVIII dos condes de Guimarei, no que foron empregadas as pedras da cerca que a rodeaba. Do conxunto estritamente medieval consérvase o que sería a torre de homenaxe duns 10 metros de altura e asentada sobre un outeiro rochoso que sobresae do terreo uns 5 m. Amosa planta cadrada duns 6 por 6 m., aproximadamente, e grosos muros que acadarían os 2 metros de ancho, feitos de sillería granítica con seteiras por todos os lados e remate nas esquinas superiores con canóns de pedra que farían a función de gárgolas do teito que xa non ten, hoxe en día fáltanlle dúas, así como as almeas que a coroaban. Leva unha porta elevada do chan na cara leste, con arco de grandes doelas que conforman arco de medio punto e unha ventá rectangular a pouca distancia da súa parte superior. Ten outra pequena ventá na cara norte moi preto do remate superior do lenzo do muro. A torre podería ter orixinariamente tres plantas e teito abovedado. Foi declarada BIC por decreto do 22 de abril de 1949.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777ca005.PDF
pax. 57
Bértolo Ballesteros, José Manuel. Ferro Pego Luís Manuel. Estudios de genelogía, heráldica y nobiliaria de Galicia. ISSN 1579-2293, nº 10, páx. 219-248
http://www.aedru.org/VARIOS/torredeguimarei.htm#torreguimareiordenretractopatrimoniogalicia
Boga Moscoso, Ramón. Guía dos Castelos de Galicia. Ed. Xerais, S.A., 2003 ISBN:84-9782-035-5


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase en estado ruinoso debido a falta de acordo cos propietarios para adquirir a propiedade por parte do concello da Estrada e poder facer actuacións de restauración.


Onde está localizado

Latitude: 42.6831136774
Lonxitude: -8.47600579262
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84