Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Cambeda
Lugar: Paizás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Monumental cruceiro situado enfronte da ermida de Santa Mariña de Paizás, na parroquia vimiancesa de Cambeda.

Sobre seis chanzos octogonais sitúase a base cuadrangular do cruceiro, cunha caveira en cada esquina como símbolo do pecado e da morte e con tibias e salamántigas. Sobre esta érguese un piar con inscricións nos que apenas se le o nome do fundador “ARCEDIANO” e “DE TRASTAMARA” e o fuste ou varal decorado ó xeito das espiñas dun peixe. O capitel, decorado e con varios anxos, soporta a cruz con puntas arredondadas. Nela represéntase a virxe en actitude de orar por unha cara e pola outra está Xesucristo crucificado con tres cravos e a cabeza cara adiante.

Este cruceiro mandouno construir Don Sancho de Lema, arcediago de Trastámara no séc. XVII.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xªmª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo

LEMA SUÁREZ, Xªmª (1998), A arte relixiosa na Terra de Soneira. Coordenadas/Neria/U.dos V. Santiago

LUIS MARTIN RUIZ (1999), Cruceiros na provincia da Coruña (Vol.IV) Deputación da Coruña, Salamanca


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.06799818071992
Lonxitude: -9.030858278274536
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84