Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán)
Lugar: A Canliña - A Cumieira
Outra denominación do ben: Peto de Ánimas da Cumieira
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo aberto feito a base de perpiaño granítico. A súa fornela é rectangular con arco de medio punto decorada cunha grosa grilanda. O seu interior posúe restos de policromía moi deteriorados nos que, no pasado, aparecían as imaxes de varias figuras.
Por debaixo da fornela podemos ver unha base de pedra a modo de mesa. Máis abaixo un pequeno caixón para as esmolas.
O conxunto coróase cun teitume plano con cruz pétrea de remate.

O nome que recibe este peto (“dos Agulla”) ven do alcume que posúe a vivenda que se atopa ao seu carón.
O peto atópase nun antigo camiño, hoxe sen uso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=17724&ctre=56&volverFicha=true

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase rodeado de arbores e maleza.


Onde está localizado

Latitude: 42.1043457314
Lonxitude: -8.37868720293
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84