Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Guimarei (San Xiao)
Lugar: A Torre
Outra denominación do ben: Casa dos Marqueses de Aranda
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pazo construído entre a finais do século XVII e principios do XVIII polo señorío de Guimarei e do que posiblemente fora o seu primeiro dono o Señor do Villar de Payo Muñiz Antonio de Mosquera Nóvoa (1589), fillo de Alonso Vázquez Valcárcel e Señora da Granja de Nogueroa Luisa de Novoa Ulloa.
Esta vivenda é exemplo representativo do que foron as residencias pacegas da fidalguía galega e na liña sucesoria que vai do medieval ao moderno.
Ao recinto do conxunto de pazo e torre accédese por unha entrada que se abre no muro pola zona norte e que leva arco de medio punto. O pazo ten unha única planta en forma de U duns 35 metros de lonxitude, cun espazo central ao que se adiantan dous laterais. Unha anchura que varía desde os 16 metros das ás, ata os 10 metros da sección lonxitudinal máis longa. En todo o seu perímetro ábrense ventás a espazos regulares e simétricos ao eixo da entrada. Porta alintelada e recercada de molduras curvas con dúas ventás flanqueándoa. Enriba dela un gran escudo con coroa enmarcado nun saínte curvo a modo de frontón e con pináculos aos lados, dos cales falta un. No interior do pazo-vivenda pódense ver as cociñas, os servizos, as habitacións e outras dependencias. Leva cuberta a dúas augas no corpo central e a tres nos laterais. Existen outras pequenas edificacións na leira destinadas a outros usos, como pode ser un palleiro e unhas cortes. Na construción do pazo e nas súas dependencias anexas posiblemente serían empregadas as pedras da cerca que rodeaba a torre medieval.
No escudo que está sobre a porta, baixo o frontón circular, podemos ver as armas de Villar, Mosquera, Sarmiento e Aranda.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777ca005.PDF
pax 56

Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo. Sobre escudo e liñaxe da casa Guimarei. Padre Sarmiento CSIC.
O traballo en pdf http://goo.gl/bKIo9B

Boga Moscoso, Ramón. Guía dos Castelos de Galicia. Ed. Xerais, S.A., 2003 ISBN:84-9782-035-5
http://www.aedru.org/VARIOS/torredeguimarei.htm#torreguimareiordenretractopatrimoniogalicia
http://proxectoarga.com/Architecture/Ruins/4111


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Todo o conxunto atópase en estado ruinoso debido a que a propiedade é privada e aínda non se chegou a un acordo definitivo cos propietarios legais por parte do Concello da Estrada.


Onde está localizado

Latitude: 42.683050582
Lonxitude: -8.47629547119
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84