Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Fisterra (comarca) / Muxía
Parroquia: Leis de Nemancos (San Pedro)
Lugar: Leis de Nemancos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Hórreo pertencente ao tipo Fisterra, que apoia sobre cinco pares de pés de forma troncocónica. Leva tornarratos circulares coa parte de arriba en forma de casquete esférico, onde van apoiadas laxes prismáticas en horizontal para facer de linteis na base dos muros da cámara. Esta vai feita con perpiaños cuadrangulares colocado en ringleiras horizontais. Tellado a dúas augas con tella curva. A ventilación é a que proporciona a propia irregularidade do asentamento das pezas de pedra na cámara. Os penais non se diferencian do resto dos muros da cámara e levan pequenas sobrepenas para tornar da chuvia. Ten unha porta para acceder ao interior, alintelada con catro pezas de perpiaño. Vai rematado no cume dos penais con bases cadradas que puideron ter algunha vez unha cruz ou pináculos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1158102093
Lonxitude: -9.15398240089
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84