Outra fotografía:
Tipo de ben: Industria, Porto,
Concello: Cee / Fisterra (comarca)
Parroquia: A Ameixenda (Santiago)
Lugar: Caneliñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
A factoría foi promovida pola compañía dos noruegueses Lorentz F. Bruun e Carl F. Herlofson no mes de novembro de 1924. Estes socios xa tiñan montado a “Compañía Ballenera Española, S.A.”, en 1914, e despois do retraso da primeira guerra mundial montaran outra en Getares (Algeciras. Cádiz) no ano 1921.
A baleeira de Caneliñas contaba cun peirao de amarre, construído na banda dereita da abrigada enseada, a onde chegaban os barcos cos cetáceos atados pola cola. De alí eran arrastrados por unha rampla que estaba na ribeira esquerda ata unha chaira de traballo duns cen metros de lonxitude. Neste lugar pegábanselle os primeiros cortes ao animal e despois pasábanse ao edificio principal, onde eran cocidos para a obtención de aceite. Este quedaba almacenado en grandes depósitos ao longo do peirao, de onde pasaba aos barcos de transporte por unhas mangueiras de trasvase.
Esta industria tivo o seu apoxeo nos anos 70, e nesa época contaba con máis de cincuenta empregados. As principais especies que pescaban eran baleas brancas, azuis e cachalotes, que pasaban a penas 40 millas do Cabo Fisterra. Foi a última baleeira en funcionar en todo o Estado, pechando en 1985, despois da de Morás, Xove (Lugo) no 1976 e Punta Balea, Cangas do Morrazo (Pontevedra) no 1983
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Aguilar, Alex. Chimán. La pesca ballenera moderna en la península Ibérica
ISBN 978-84-475-3763-1. Ano de edición 2013
http://www.publicacions.ub.edu/refs/indices/07941.pdf
http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/151
http://afragadosmouros.blogspot.com.es/2012/12/a-factoria-de-canelinas-e-os-cazadores.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.914972835Lonxitude: -9.15562391281
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Nov 17, 2015
Podemos ver o video: Caneliñas la última factoría ballenera de España”
http://www.rtve.es/alacarta/videos/ciencia-y-tecnologia-en-rtvees/canelinas-ultima-factoria-ballenera-espana/810482/
e ademais
http://museos.xunta.gal/gl/exposicion/punta-balea-cabo-mor-s-caza-moderna-da-balea-galicia
Enlaces web
http://quepasanacosta.gal/os-outros-noruegos-de-canelinas/
Valdés Hansen, Felipe. Los otros noruegos de caneliñas:La campaña ballenera de 1929.
http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/391/403
CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS, LXII
Núm. 128 (enero-diciembre 2015), págs. 335-354
ISSN: 0210-847XDOI: 10.3989/ceg.2015.128.11
Elixio Vieites says:
Mar 12, 2016
A portada de : Chimán. La pesca ballenera moderna en la península Ibérica.
de Alex Aguilar
ISBN 978-84-475-3763-1. Ano de edición 2013