
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Boqueixón / Santiago (comarca)
Parroquia: Loureda (San Pedro)
Lugar: Loureda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
A ficha do PXOM do concello de Boqueixón do ano 2015 describe este castro como gravemente alterado e cunha espesa e densa vexetación que impide facer as medicións oportunas, ademais podemos ler que foi catalogado como castro debido á aparición dun muíño de man ao facer as obras da pista da igrexa.
Sería un asentamento de esporón de dorsal situado a unha altitude de 347 metros no lugar de Zanca de Ardeira, na aba sur dos montes da Pena do Gato e Monte Castelo. Coas ortofotos e visión lidar dos planos do CDIX do IET (Instituto de Estudos do Territorio. CMATI) podemos observar que posúa unha croa de forma redondeada e duns 80 metros de diámetro, aproximadamente. Está rodeada dunha muralla e terraplén en todo o seu perímetro, aínda que parecen máis notables pola zona norte, onde o castro contaría con menos defensas naturais debido á zona con menos pendente existente por ese punto.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOQUEIXON/documents/27920ca001.PDF
pax 12
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8730077708Lonxitude: -8.41878890991
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






1 comentario
elixiovieites says:
Nov 21, 2015
Acceso á ficha do catálogo do PXOM do
concello de Boqueixón do ano 2015 http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOQUEIXON/documents/27920ca001.PDF
pax 12