
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Campo Lameiro
Parroquia: Morillas (Santiago)
Lugar: Caneda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Situado nun cruce de camiños a entrada do lugar de Caneda. Ten unha plataforma de planta cadrada con dous chanzos. O baseamento e cúbico coas arestas superiores rebaixada, a superficie e lisa cunha inscrición na faceta frontal:
Ese crvze
ro se hizo D
FerNANdo VidAL
AÑO DE 1827
(este cruceiro fíxose por Fernando Vidal. Ano de 1827).
Varal cilíndrico rematado nun colariño e sen capitel. Remata o conxunto unha cruz sen imaxes.
Amosa dúas pequenas pías, unha na faceta superior do baseamento e outra na parte superior do último chanzo. Ámbalas dúas pola parte onde se ve a inscrición. O varal está tomado a pía do baseamento mediante pequenas cuñas de chumbo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Normas subsidiarias de planeamento do concello de Campo Lameiro, Fichas de patrimonio Arquitectónico, etnográfico, artístico e cultural.Ficha nº 25. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMPOLAMEIRO/documents/0742CA003.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5455372145Lonxitude: -8.50342467427
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84