Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Dodro / Sar (comarca)
Parroquia: Laíño (San Xoán)
Lugar: Castro
Outra denominación do ben: Hórreo da Miguensa / Hórreo da Pontella
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O hórreo aséntase sobre unha gran estrutura de pedra feita a base de perpiaños de granito e que configura unha entrada que remata en arco na parte superior, que os canteiros da zona lle chaman campanel, dando acceso ao patio ou “corral” da vivenda. O tornarratos, de tipo mesa, vai coroando a base do hórreo, e serve de apoio aos cinco pares de columnas da cámara. Esta é totalmente de madeira, cunha faixa central e ao redor de 22 doelas por cada claro. Na parte da zona interior hai unhas escaleiras de pedra para o acceso ás entradas da cámara comunicadas por unha gran lousa de pedra. Leva sobrepenas nos penais, sen adornos no cume, e o teito é de armazón de madeira e vai a dúas augas con tella do país.

O hórreo foi restaurada no ano 2020 polo concello de Dodro. Esta ficha actualizouse coa imaxe do seu estado en decembro de 2020.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Ficha do catálogo de Bens no PXOM do ano 2010
do concello de Dodro
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/DODRO/documents/22335CA359.JPG


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7196410717
Lonxitude: -8.72059643269
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84