
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Bealo (San Pedro)
Lugar: A Ponte Beluso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Peto de ánimas de tipo pechado do ano 1947 situado no muro dunha edificación.
Consta dunha fornela con arco oxival, e unha repisa. Protexido por un enreixado de ferro aparece o retablo, ou o que queda del, xa que o fume dos coches e das candeas alí expostas non o permite ver con claridade a que, parece ser, é a imaxe de Santa Rita.
A imaxe da Santa é retirada do peto nalgunhas ocasións, e é levada ata a igrexa onde lle ofrecen algunha misa.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6852924015Lonxitude: -8.84449571371
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






2 comentarios
pip says:
Mai 27, 2016
non é un peto de ánimas, data do ano 1947.Respecto de se é ou non un Ben Cultural con maiúsculas …
Oscar Franco says:
Mai 29, 2016
Segundo di Estanislao Fernández de la Cigoña no seu libro (ver referencia bibliográfica) o conxunto non posúe caixón para as esmolas, pero a xente coloca as moedas no interior do fornelo, entre a reixa metálica, ou na repisa da fornela.