
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sada
Parroquia: Sada (Santa María)
Lugar: Sada de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:
Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave e grandes dimensións. Posúe tres volumes acaroados, un ó sur e dous ó norte da cabeceira, de menor altura. Os muros atópanse recebados deixando tan só á vista as pezas de cantería que enmarcan os vans. A cuberta fórmase a dúas augas sobre a nave, a tres e dúas augas sobre os volumes acaroados, todas elas con tella curva do país. Trátase dun templo do século XVII construído sobre unha antiga capela do século XIII e reconstruída a finais da década dos 90 do século XX, cando se abriron novos ocos para a entrada de luz, conservando só a fachada principal da etapa barroca. Esta fachada, de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, de abaixo arriba, presenta unha porta de acceso rectangular alintelada, unha xanela rectangular e a espadana barroca rompendo a liña de cornixa. A fachada atópase recebada cos esquinais, ocos e a espadana en cantería á vista. A cornixa ten forma curvilínea flanqueada nos esquinais por pináculos moldurados. Rematando o conxunto, a espadana dun corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre machóns onde se sitúan as campás. Remátase esta, mediante un frontón curvo e partido, con óculo e pináculo moldurado con bóla central e cunha cruz de forxa como remate enriba do pináculo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011578
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3548517607Lonxitude: -8.25583934784
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




