Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Dodro / Sar (comarca)
Parroquia: Laíño (San Xoán)
Lugar: A Revoltiña, As Coviñas, Imo
Outra denominación do ben: Mámoas da Revoltiña
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pedra de Abanear situada á beira do Camiño Real, que unha vez subidos encima dela faise mover acompasadamente sen moito traballo. Era lugar de xogos, fai moitos anos, para os nenos pequenos, pois ó lado hai outras pedras con ocos que se usaban para agacharse e resgardarse da choiva. Na parte de encima ten cazoletas, posiblemente orixinadas pola auga, e unha delas parece traballada para facilitar a caída da mesma.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

“En Carrais, que se localíza, coma Carrais de Pozo, ó suroeste da aldea de Imo, hai unha pedra de abalar, á beira doutra cabalgada de formas dolménicas. Pasa preto delas o antigo Camiño Real. Unha vez cada mil anos baixa do monte o mesmo carro e as lamias van afondando na laxe a corredoira. Eternidade.” Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga: Manuel Lorenzo Baleirón


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga: Manuel Lorenzo Baleirón
http://www.concellodedodro.org/c/document_library/get_file?uuid=6ab9e609-264f-48da-901b-e27ecf6a3a3b&groupId=12226
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/10/26/imo-tamen-ten-pedra-abalar/0003_201410S26C13991.htm
No Inventario Etnografico de San Xoán de Laíño realizado pola Asociación de Veciños no ano 1993 está denomindada como “Mámoas da Revoltiña” con clave AV001133041.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7072942168
Lonxitude: -8.72639536858
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84