
Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Baños de Molgas / Paderne de Allariz
Parroquia: Betán (San Martiño) - Figueiroá (San Xillao)
Lugar: Monte Cubreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Atopámolas no Monte Cubreiro, un penedo que fai de marco divisorio entre os concellos de Baños de Molgas e Paderne de Allariz. Este penedo chama a atención pola súa cor branca.
Trátase de dúas cruces, unha con brazos de uns 15 cm., cruzados a 90º. Teñen os dous un ancho de 2 cm. e unha fondura de 1,5 cm. aproximadamente.
A outra cruz ten dous sucos de 9 cm. aproximadamente, sendo os dous en ancho e profundidade, semellantes os da outra cruz.
Como curiosidade indicar que as dúas cruces están gravadas no lateral do penedo que linda do lado do concello de Baños de Molgas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.261627Lonxitude: -7.721897
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




