
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sada
Parroquia: Sada (Santa María)
Lugar: Praza de España
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Capela de gran sinxeleza formada por unha única nave rectangular dividida en dous treitos por un arco de medio punto apoiado en dúas pilastras apegadas ós muros. Os seus muros estan recebados e pintados de branco agás os esquinais, marcos dos vans e a espadana, o teito vai cuberto a dúas augas con tella curva do país. A fachada vai composta de xeito simétrico seguendo un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta principal cun arco rebaixado. Sobre o ingreso vai unha xanela con arco de medio punto e enriba desta, un óculo cego con catro cruces. A cornixa superior ten forma arqueada estando flanqueada por pináculos moi moldurados rematando os esquinais. Rompendo o vértice do pentágono unha base para o campanario. Esta é unha torre formada por unha estructura que semella un forxado modernista, posuíndo no seu interior dúas campás. No seu cume está rematado por unha cruz, tamén de forxa.
Destacar que entre o ingreso e a xanela da fachada hai unha interesante placa de mármore cuns datos moi significativos e que dí: “ESTA CAPILLA SE REEDIFICÓ Á ESPENSAS DE LIMOSNAS Y OTROS RECURSOS, SIENDO CURA PÁRROCO D. GERÓNIMO REY MARTÍNEZ, AÑO DE 1885”. Outros datos salientábeis son que esta capela é propiedade municipal dende o ano 1967 e, a partires de febreiro de 2010 deixou oficialmente de ter uso relixioso, publicado no Diario Oficial de Galiza no día 8 de Febreiro. Agora acolle actos culturais e concertos acordes co carácter monumental do conxunto.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ,X.:”Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Vol.I; Deputación Provincial da Coruña,1995.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/0350CA001.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3506796243Lonxitude: -8.25397789478
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84