Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Rianxo (Santa Comba)
Lugar: Rianxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro do ano 2003 obra do escultor Cabeza Quiles, que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A continuación un groso varal de sección cadrada coas arestas achafranadas no que destaca a súa decoración con cunchas nos extremos superiores.
No seu capitel troncopiramidal inverso decorado con diferentes relevos, entre eles anxos alados, se apoia unha capeliña con arco de medio punto decorada con esferas no borde. No seu interior podemos ver a imaxe da Virxe, apoiada nunha peaña con forma de nube e cara de anxo e, maís abaixo, unha representación dun castelo ou fortaleza.
O conxunto remata nunha cruz, de sección cadrada con remates nos vértices, na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

Este cruceiro atópase no adro da capela de San Bartolomeu (http://patrimoniogalego.net/index.php/80694/2015/12/capela-de-san-bartolomeu-2/), conformando un fermoso conxunto.

As esferas da fornela levan gravados o número do gordo da lotaría de Nadal do ano da súa feitura.
O número é o 37424, e algunhas persoas frotan o seu décimo nestas esferas.

O propio autor do cruceiro relata o seguinte:
“Al encargármelo me dijeron que debía tener motivos marineros: el pulpo es de mar, la estrella, las lapas; puse cosas que definieran a Rianxo: almejas, navajas, “xoubiñas”, y una pluma de escribir. El año que se hizo este cruceiro (2003) tocó la lotería en Rianxo y grabé el número agraciado (42473) en esas bolas del frente de la capeliña”


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://concelloderianxo.gal/pxom (Documento de aprobación inicial PXOM ano 2014. Catálogo 3.1. Cruceiros e petos de ánimas. Ficha C-083 – Páxina 83)
https://cruceirosdegalicia.xyz/1507207.html

BIBLIOGRAFÍA
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2015). Os cruceiros do Concello de Rianxo. Editorial Toxosoutos.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA –
RIANXO. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMRianxo.html)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6499369041
Lonxitude: -8.82198527455
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84