
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Cerro das Gardas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Para acceder, dende a igrexa parroquial de Louro collemos a estrada que sube ao lugar de Taxes e na mesma a primeira pista que sae á esquerda e conduce o Monte Naraio, se subimos pola mesma atoparemos un pequeno camiño que conduce a un pequeno grupo de pedras visibles dende a pista.
As formas predominantes son os laberintos, mais tamen hai signos cruciformes, círculos concéntricos e pequenas cazoletas nos centros dos laberintos. Chama a atención a orixinalidade dos laberintos que se diferencian do esquema típico dos laberintos galegos, dando a pensar que os seus artifices coñecían formas xeométricas moi complexas. Soen atoparse deste tipo nos arredores da ría de Pontevedra. As cruces poderían ser representacións de antropomorfos.
O seu significado podería explicarse como un lugar de culto.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15053027
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
J.J. Eiroa, Pepa Rey. Guía de los petróglifos de Muros.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA005.PDF
pax 3
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Transitar pola pista e posibel todo o ano, mais a chegada aos gravados pode ser un pouco complicada debido aos toxos que nacen no camiño.
Onde está localizado
Latitude: 42.7674360553Lonxitude: -9.09997344017
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
franjopadin says:
Out 21, 2011
Os petróglifos de Monte Naraio (1) aparecen referenciados no Catálogo
de Bens Culturais do PXOM de Muros, e contan cunha área de cautela
para a súa protección, pois nas prospeccións realizadas ao efecto non
deron con el, e non se puido establecer unha área de protección integral.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA005.pdf
pax 3