
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Monte Naraio
Outra denominación do ben: O Axito
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Para acceder, dende a igrexa parroquial de Louro collemos a estrada de Taxes e dende esta collemos a pista que sae á esquerda e leva ás casetas das cabras; dende alí colleremos cara ó oeste durante uns 250 metros.
Consta de varias combinacións de gravados entre os cales destacan as combinacións de círculos concéntricos con cazoletas no medio e a representación de dous podomorfos.
O significado dos círculos podería ser representacións astrais, nalgúns casos con simboloxía solar pola clara orientación cara ó poñente ou ó nacente, o que están aos pés poderían ser exvotos, tal como se fixo en época romana nas lápidas, ou poderían representar un suposto viaxe ao alén.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15053028
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
J.J. Eiroa, Pepa Rey. Guía de los petróglifos de Muros.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA005.pdf
pax 7
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
É difícil chegar a eles debido á maleza existente na zona.
Onde está localizado
Latitude: 42.7660457904Lonxitude: -9.09723758698
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
franjopadin says:
Out 21, 2011
Os petróglifos de Monte Naraio (2) aparecen referenciados no Catálogo
de Bens Culturais do PXOM de Muros, e contan cunha área de cautela
para a súa protección pois nas prospeccións realizadas ao efecto
non deron con el, e non se puido establecer unha área de protección
integral.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA005.pdf
pax 7