
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: O Saviñao / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Piñeiró (San Sadurniño)
Lugar: As Encrucilladas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico, Calcolítico,
Descrición:
Túmulo identificado no Preinventario de Bens Arqueolóxicos da Xunta de Galicia e no Catálogo de Bens Arqueolóxicos do Concello do Saviñao.
Posúe un diámetro máximo de 16 m e unha altura máxima de 0,50 m, amosando no corte da estrada un chanto de xisto que podería pertencer á cámara. Fai parte do agrupamento da Costa do San Antonio, perto das Penas de Sanguñedo e da Rega do Beirán (ubicación do conxunto arqueolóxico).
En 2015 o túmulo foi sinalizado no marco da iniciativa Á luz das mámoas por medio dun letreiro instalado a carón da Mámoa 3 da Costa do San Antonio.
Dende mediados do século XX a parcela na que se atopa ten estado a mato, a cultivo de centeo e a prado (uso actual). Ten padecido incendios forestais frecuentes, sendo o máis notorio o do 30 de xullo de 2004.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA27058034
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
VALDÉS BLANCO-RAJOY, Rosario (1997): “Prospección Arqueológica del Ayuntamiento de Saviñao (Lugo)” (consultada no Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia).
FERNÁNDEZ LOSADA, Ramón Carlos (director) (2012): “Catálogo de Bens Culturais (Tomo I)”, “Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello do Saviñao”, Fase IV, documento para aprobación inicial (catalogación levada a cabo por Iván Álvarez Merayo).
IGLESIAS BARRILERO, Diego (2016): “Plan de xestión dun conxunto tumular no concello do Saviñao. Bases para a súa aplicación” (TFG inédito).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Parcialmente destruído pola ampliación da estrada municipal A Portela-As Encrucilladas.
Ambos extremos do túmulo son empregados habitualmente para o acceso ao prado de maquinaria agrícola dende a estrada.
En 2014 foron escavados deslindes de demarcación dos MVMC de Cazón e Abuíme como resultado dun conflito veciñal, pasando un deles a só 20 m.
Onde está localizado
Latitude: 42.62611Lonxitude: -7.62491
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




