Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cenlle / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Razamonde (Santa María)
Lugar: Razamonde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación feita en perpiaño granítico, dunha nave rectangular e teitume a dúas e tres augas. Destaca a ábsida semicircular con motivos románicos
Na fachada principal podemos ver a porta de aceso principal alintelada con arco plano e decorada con motivos xeométricos. Por riba dela unha fornela pilastrada, e unha pequena fiestra rectangular con derrame interno. Remata cunha espadana de dous ocos con arcos de medio punto e cruz pétrea no cume.

Destaca especialmente a súa cornixa, decorada con canzorros de época románica, e a porta sur da mesma época. Dita porta, cun estilo moi próximo ao Gótico, posúe un arco lixeiramente apuntado e axedrezado, e tímpano cruciforme, enmarcado por unha fileira de canzorros. Posúe capiteis zoomórficos e fitomórficos.

No interior da igrexa podemos ver bóvedas de nervios con claves decoradas nas capelas laterais e tamén no presbiterio.
O seu retablo maior é de finais do século XVI, con características renacentistas no que se representan escenas da vida de Xesús, e os relevos das Ánimas no Purgatorio.

Consta que Marcos Fernández de Santiago fixo en 1565 unha cruz de doce marcos de prata que levaba no pé unha “mazá de linternas conforme á cruz da capela de San Andrés da Igrexa de Santiago”.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da igrexa gárdase unha imaxe da Inmaculada do século XVI.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CENLLE/documents/27520ca100.PDF (Ficha A-14 – Páxina 15)
http://www.cenlle.es/index.php/es/patrimonio/iglesias
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=5177&ctre=31&volverFicha=true

BIBLIOGRAFÍA
García, Xosé Lois. “Guía románica do Ribeiro”.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O retablo maior da igrexa atópase parcialmente queimado.


Onde está localizado

Latitude: 42.3290507905
Lonxitude: -8.05298656225
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84