Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cenlle / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Razamonde (Santa María)
Lugar: Erbededo de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela do século XVII feita en perpiaño granitico. Posúe planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Na fachada principal podemos ver a porta de aceso con arco de medio punto rebaixado, e unha espadana dun so oco con arco de medio punto e remate en frontón triangular coroado por cruz.

A igrexa de Santo André de Erbededo, ou Ervededo, foi convertida en capela de Santa Lucía despois de suprimirse a parroquia en 1893, sendo repartido o seu territorio entre as freguesías de Razamonde, Cenlle e TrasariZ.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Dentro da capela existe unha ara romana con epígrafe repicado e cunha cruz na parte superior.
Existe outra ara romana con inscrición que fai de pé ao altar.

Clodio González Pérez, cronista oficial do Concello de Cenlle, achega o dato dunha pedra reaproveitada nos muros da construción que posúe un relevo no que se poden ver uns círculos concéntricos.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

Ata os anos setenta do século XX nesta capela existía unha talla de tradición románica -aínda que podería ser dos séculos XIV ou XV- dunha Virxe sedente, coroada e co Neno Xesús no colo, ao que agarraba coa man esquerda. O Neno sosiña un pequeno libro aberto coas dúas mans. Á Virxe lle faltaba a man dereita.

A Virxe de Erbededo desapareceu posiblemente nun roubo.


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CENLLE/documents/27520ca100.PDF (Ficha A-16 – Páxina 17)
https://lansbriga-es.webnode.es/erbededo/
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-ii.html

BIBLIOGRAFÍA
RIVAS FERNÁNDEZ, J.C.: “Nuevas aras romanas orensanas y rectificaciones interpretativas en torno a otros epígrafes galaico-romanos ya conocidos” en Boletín Auriense III. Museo Arqueológico Provincial. Ourense. 1973.
GONZÁLEZ PÉREZ, C.: Cenlle. Historia e Patrimonio. Concello de Cenlle. 2017.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3343975331
Lonxitude: -8.0714763701
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84