
Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: As Corguiñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Nas proximidades de San Pedro dos Pensos, e á beira de antigo camiño, localizamos esta cruz feita nun grupo de penedas.
Está formada por unha gravura de dous sucos cunha lonxitude duns 18 cm. o maior e 13 o pequeno, en forma de cruz latina. Estes riscos teñen un ancho de case 3 cm. e unha fondura de 1,5 cm.
Descoñécese o motivo da súa construción, posiblemente sexa de termo, indicando o límite de algunha parroquia ou couto, non coincidindo cos limites actuais.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.346925Lonxitude: -7.667463
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




