Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Miño
Parroquia: Miño (Santa María)
Lugar: Miño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Igrexa de estilo neogótica construída no século XX sobre a antiga igrexa parroquial, que chegou a ser posesión dos cabaleiros templarios da Bailía do Burgo do Faro.
O edificio actual presenta unha planta rectangular, na que se inscriben tres naves. A nave central cóbrese con bóveda de canón, sustentada por arcos apoiados sobre piares de planta cadrada que, á súa vez, delimitan o espazo correspondente ás naves laterais, que presentan unha cubrición plana. O interior do edificio está revestido e pintado de branco, agás os arcos e piares, que se presentan pedra á vista, feito que inflúe fortemente no resalte dos diferentes espazos en que está dividido o interior.
Situada ós pés da nave principal atópase unha tribuna, que se prolonga sobre as naves laterais, ata que o seu cese conforma un espazo rectangular previo ó altar maior. Dende este último, de considerábeis dimensións, accédese a dous pequenos espazos, rectangulares, situados cada un deles nos seus laterais.
Exteriormente, posúe as características propias dos edificios eclécticos. A súa fachada principal está dividida en tres panos, sendo no central onde se concentra a principal ornamentación, e conformándose o seu remate nunha torre campanario. Ademais, dispón dunha cuberta a dúas augas cuberta de tella curva do país.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volumen VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997. (Texto íntegro).
http://concellodemino.com/parroquias/santa-maria/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3472217986
Lonxitude: -8.2050383091
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84