Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Monfero
Parroquia: Monfero (San Fiz)
Lugar: O Lameiro, Mosteiro de Monfero
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. O varal é octoganal comezando e rematando en cadrado e con adornos nos chafráns. O capitel é cuadrangular con mediacana soportando unha cruz cuadrangular con figuras xeométricas nos seus brazos pola parte do reverso. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza ergueita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai sen nós. Polo reverso da cruz, aparte das figuras xeométricas dos seus brazos, fica a Inmaculada cos dedos das mans entrelazados sobre unha peaña dun anxo con ás e coa lúa ós seus pés. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3413568812
Lonxitude: -8.03731173277
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84