
Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño, Industria,
Concello: A Coruña (comarca) / Carral
Parroquia: Quembre (San Pedro)
Lugar: A Ponte Lago
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O edificio atópase na marxe dereita da antiga estrada A Coruña-Santiago, no lugar da Ponte Lago, xunto á ponte que cruza o río Barcés.
O conxunto industrial é unha sinxela vivenda de planta baixa, sendo o elemento máis salientábel a cheminea de evacuación de fumes, de planta hexagonal, construída en fábrica de ladrillo macizo, decorada no seu cumio con cinco voltas de molduras e rematada cunha pértega de ferro con punta tipo flor de lis a modo de pararraios.
Xa que é unha propiedade privada, non foi posíbel acceder ao interior do edificio para acadar máis información do seu uso ou inspecionar a maquinaria existente na zona interior “inferno” do muíño; nin tampouco para facer unha inspección máis detallada da cheminea, dos materiais empregados ou das súas dimensións.
Segundo contan no restaurante Juanito, situado nas inmediacións, o edificio foi un serradoiro de madeira que unha vez abandonado recuperou o seu uso como muíño até os anos 80, desde ese momento atópase en desuso.
Nestes momentos o edificio atópase en estado de abandono. A simple vista, non se aprecian danos estruturais ou fendas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2113151448Lonxitude: -8.35917279124
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




