Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Esgos / Ourense (comarca)
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Regueiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Fonte da modalidade de capela e gorecida por unha cuberta a unha única auga, aparece protexida e embalsada nun cubo granítico levantado en perpiaño, aberto na súa fronte. Este cubo ten en planta unhas medidas aproximadas de 1 m. de ancho por uns 3 m. de fondo, toda esta planta queda inxerida no terreo, ao carón do muro do eido adxacente.
A fonte aparece complementada cun tanque rectangular construído en perpiaño como lavadoiro e situado na outra beira da estrada, o cal se abastece da fonte e ten pedra inclinada nun lateral para refregar.
O oco frontal de perpiaño, está protexido por unhas cancelas metálicas. Para baixar a recoller auga temos que descender dous chanzos de pedra.
Esta fonte atópase saíndo das Casas Novas cara a Virxe do Monte, nun dos ramais do antigo Camiño de Maceda que enlazaba co camiño que unía Ourense con Astorga pasando polo Castro Litoria.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.34532Lonxitude: -7.674018
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84