Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monfero
Parroquia: Monfero (San Fiz)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta rectangular, á que se lle foron engadindo os diversos corpos que conforman as diferentes irregularidades que, na actualidade, poden observarse nela. Os seus muros son de carga, realizados en cachotería, e sobre eles apoia unha cuberta a diferentes augas -segundo os corpos-, cunha cubrición de lousa. Ó exterior, os muros teñen a pedra á vista, na que se realizou un encintado de cemento.
Interiormente, a igrexa posúe unha nave principal e outra lateral -situada no muro meridional-, abovedadas e divididas por medio dunha arquería de medio punto. Completa o conxunto unha capeliña de reducidas dimensións, situada no muro setentrional, e a sancristía, á que se accede a través do altar maior. A nave principal e mailo presbiterio están delimitados por un arco de medio punto rebaixado, baixo o cal dous chanzos salvan a altura que diferencia ámbolos espacios. A ornamentación interior componse, fundamentalmente, dun retablo de elementos neoclásicos situado no altar maior e un segundo, de singular policromía, que está situado na cabeceira da nave lateral. Os muros están revestidos e pintados de branco, agás esquinais, arcos e recercados de ocos. No conxunto exterior que conforma o edificio destaca a súa riqueza volumétrica, proveniente da singularidade que mostran os diferentes corpos, xunta cos engadidos que se fixeron nestes: dous pórticos e unha torre campanario. A fachada principal componse dunha porta rematada en arco de medio punto, e protexida por un pequeno pórtico, e unha torre campanario, á que se accede por medio dunha escaleira de caracol situada á esquerda da porta de entrada.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e as Pontes de García Rodríguez”. Vol. IX. Deputación Provincial da Coruña, 1997. (Texto íntegro).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3253991442Lonxitude: -8.05524766445
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84