Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Monfero
Parroquia: Monfero (San Fiz)
Lugar: Adro da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma troncopiramidal e pedestal cuadrangular rematado con cuarto bocel e con paramentos recadrados onde hai unhas inscricións. Nun deses paramentos pon: “AÑO DE 1834”. Ten un varal circular que soporta un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. O ábaco é de lados rectos e ten cabezas de anxo con ás. A súa cruz é octogonal e no anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza ergueita sen coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Este cruceiro é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3254606077Lonxitude: -8.05559232831
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84