
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: Bueu (San Martiño)
Lugar: O Enleito
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro que nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cúbica, de recente factura, da paso a un varal de sección cilíndrico.
O capitel, con rostros de anxos e volutas, soporta unha cruz de arestas rebaixadas e brazos potentados na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI e sobre unha peaña con forma de caveira no anverso, e a Virxe no reverso.
Este cruceiro atópase ao carón da fonte do Enleito (http://patrimoniogalego.net/index.php/81910/2016/01/fonte-do-enleito/), conformando un fermoso conxunto etnográfico.
A antiga base do cruceiro a podemos ver ao seu carón. Nela aparece unha inscrición que nos di o ano da súa construción: 1751.
Este cruceiro é o penúltimo do Vía Crucis que partía do Pazo de Santa Cruz ata a igrexa de San Martiño de Bueu.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
No mes de maio de 2025 o lugar foi reformado deixando á vista un dos seus chanzos que se atopaba soterrado.
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
http://www.concellodebueu.org/paxina.php?filMenu=MENU12_3&filId=17&idioma=ga
(Documento de aprobación inicial, PXOM Bueu. Ficha C-12 – Páxina 173)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3600410.html
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
VV.AA. (1999). Cruceiros, cruces e petos do Concello de Bueu. Revista O Candil, nº 20 (en liña: http://bueu.esy.es/Revistas/O%20Candil/20.pdf)
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3199236947Lonxitude: -8.79064500332
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




