
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ferrol
Parroquia: Covas (San Martiño)
Lugar: Insua de Santa Comba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana, Época Altomedieval,
Descrición:
O xacemento atópase nunha antiga península que dividía as praias de Santa Comba e Ponzos. A acción do mar dividiu o espazo inicial en tres illas, na Insua do Medio ou Insua de Santa Comba erguese a ermida. Prospeccións nos anos 2001, 2006 e 2012. Os resultados permitiron establecer diferentes fases de ocupación, que van dende a Idade do Ferro, pasando pola romanización, ata a época medieval (ermida e necrópole que supuxo a cristianización dun lugar pagano. A primeira mención da capela data do ano 868). Estivo ocupado dende o século III a.C. ata mediados do I d.C. en que foi abandonado. Entre outros achados, apareceu un forno de obradoiro para traballos con ferro. Xosé Lois Armada e Víctor Alonso, autores do libro “O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas”, manexan dúas hipóteses para o seu abandono. Unha está relacionada coa fin das actividades mineiras na mina de Covarredeiras, en Ponzos; a outra supón que no primeiro século da nosa era o castro comezou a súa conversión cara as illas actuais. A Universidade da Coruña e o CSIC, co impulso da Sociedade Cultural Columba, propuxeron conservar a zona, tanto no eido arqueolóxico como natural. No ano 2001, André Pena Graña, arqueólogo do Concello de Narón, atopou un disco duns 4 cm de diámetro e cun pequeno furado no centro, posiblemente do século I d.C., cunha epígrafe votiva adicada á deusa Reva.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Castros de Galicia (provincia da Coruña): http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.56033873Lonxitude: -8.28390598297
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 27, 2017
Este castro, catalogado co código GA 15036014, aparece no PXOM do Concello de Ferrol:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA004.PDF (Ficha A1 7 Páxina 1)