Outra fotografía:
Tipo de ben: Obradoiro artesanal tradicional, Industria,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: Beluso (Santa María)
Lugar: Praia da Mourisca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:
Edificación moi posiblemente construída na década de 1850, feita a base de perpiaño granítico e de planta rectangular. Posúe un patio interior aberto (claro) cun pozo de auga doce, rodeado dun espazo cuberto soportado por piares de pedra onde se situaba o depósito de sal e as pías para o salgadoiro do pescado.
Hoxe en día aínda é posible ver varias das súas partes principais onde se producía a actividade salineira:
* A chanca, que era onde se salgaba o pescado. Posúe vintedous pías. Na chanca mantíñase a mercancía ata completar o tempo de curado (15-20 días).
* O claro, que é o patio central non cuberto para que houbese luz en toda a fábrica.
* O morto, que era a parte do almacén onde se prensaba o pescado.
* Fronte á banda dos lagares, na esquina noroeste da edificación, situábase o almacén do sal (o alfolín), o almacén dos utensilios propios da industria e mailo taller de carpintería.
Na esquina sueste situábase a vivenda do encargado e a súa familia, de planta baixa,
O conxunto dispuña tamén dun precario peirao cunha sinxela rampla de atraque para facilitar as tarefas de embarque e desembarque.
Esta fábrica, que comezou a súa actividade a mediados do século XIX coa iniciativa do matrimonio entre Rosa María Avalle e o catalán Ramón Pla, formou parte das máis de trinta salazóns coas que chegou a contar Bueu, desde Loureiro hasta Beluso, e mantería o seu funcionamento cambiando de propietarios ata a década de 1940 cando se abandonou, sendo o último propietario a familia Massó. O Almacén de salgadura da praia da Mourisca é a única fábrica que permanece integramente en pe.
No ano 2015 o almacén foi restaurado.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.concellodebueu.org/paxina.php?filMenu=MENU12_3&filId=17&idioma=ga
(Documento de aprobación inicial, PXOM Bueu. Ficha I-02 – Páxina 225)
http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/301
http://pescuda.blogspot.com.es/2014/10/restauracion-da-salazon-de-mourisca.html
http://aernobriga.esy.es/toponimia-de-beluso/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3381478139Lonxitude: -8.82446497679
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84